Tutoría de Álgebra del 5 de octubre de 2023- Centro Asociado de Madrid-Las Tablas. Tutor Ángele de la Llave Canosa. Presentación. Visión general del tema 1. Unejemplo
En lugo existen multitude de asociacións culturais que son elementos de participación e expresión que facilitan a integración dos cidadáns na sociedade, e que teñen como fins primordiales todas aquelas actividades que potencian e fomentan a cultura galega en todos os seus aspectos ou expresións. Para poñer en valor o traballo que levan a cabo as asociacións que forman parte do proxecto Lugo Cultura Dixital, o equipo entrevistou a Manuel Muñiz, vicepresidente da "Asociación Terras de Lugo" e presidente da "Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde". Na entrevista fálanos de como xurde a idea de crear a Asociación Terras de Lugo, con que obxectivos se constitúe e dun dos seus proxectos máis destacado e ambicioso: a Ruta dás Feiras. Ademais, Muñiz descóbrenos outras actividades desenvolvidas polas asociacións que forman parte de Terras de Lugo, como os roteiros e visitas culturais levadas a cabo pola Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde.